Movistar amplía a franquía de datos das súas tarifas

A comezos de ano Movistar aplicou unha suba xeral nas súas tarifas, sen que ese incremento de prezos supuxese melloras nas condicións ou servizos contratados polas usuarias. Cinco meses despois, a compañía anuncia estas melloras, que afectan á cantidade de datos incluídos a máxima velocidade.

Se ben todas as tarifas que Movistar vén ofrecendo contan con datos ilimitados, a diferenza radica na velocidade máxima destes, diferenciando entre os plans que teñen datos ilimitados á velocidade máxima 5G (1,7 Gbps no mellor dos casos) e os que, tras unha determinada franquía incluída a esa velocidade, reducen a velocidade aos 2 Mbps.

As melloras anunciadas agora por Movistar, que entrarán en vigor co novo ciclo de facturación, a partir do 18 de maio, son as seguintes:

Nas tarifas móbiles, o plan Ilimitada Base -anteriormente coñecida como Contrato L- pasa a incluír 20 GB a máxima velocidade por 16,95 €/mes, fronte os 8 GB que viña tendo até o de agora. Por outra banda, a tarifa Ilimitada Max -antes Contrato XL- medra dos 30 aos 50 GB mantendo os 27,95 €/mes.

Se falamos de tarifas combinadas, miMovistar Max actualiza a liña principal, que pasa a ter 100 GB a máxima velocidade (antes ofrecía 30 GB). O plan complétase con fibra de 600 Mbs, TV inicial e unha segunda liña sen chamadas incluídas e con 5 GB por 59,90 €/mes.

O outro plan combinado que cambia é miMovistar Ilimitado. Por 76,90 €/mes ofrece 1 Gbps, móbil con datos ilimitados, TV inicial e unha segunda liña que pasa dos 30 aos 50 GB de datos, mantendo as chamadas ilimitadas.

Sobre o autor

Reply