Actualidade Microsoft quere eliminar 11.000 postos de traballo dentro da compañía

Microsoft quere eliminar 11.000 postos de traballo dentro da compañía

Microsoft eliminará preto de 11.000 postos de traballo nos vindeiros tempos, o que se traduce nun 5 % do total de empregados que hoxe ten no seu cadro de persoal (220.000 traballadores e traballadoras distribuídos por todo o mundo). A noticia foi publicada por Sky News, logo por Bloomberg e, finalmente, a compañía americana afirmou que é certa.

El proceso de despidos se alargará durante todo este año. Nun comunicado público respecto diso, o máximo responsable da empresa, Satya Nadella, aducía como razón para estes recortes os cambios nos hábitos de compra dos consumidores e o perigo dunha nova recesión global. Na nomeada nota non se especificou que divisións ou marcas estarán afectadas polos recortes, co cal non é posíbel saber como afectará esta situación a Xbox.

Non é o primeiro movemento que fai a compañía de Redmond neste eido. Microsoft xa despediu a outros centos de traballadores o ano pasado, e algúns deles estaban na división de videoxogos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.