A Logitech Brio 300 aspira a converterse nunha webcam de referencia

xoves, 19 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

A Logitech C920 converteuse nunha das webcams máis populares do mercado, principalmente pola súa relación entre prestacións e prezo, xa que consegue uns resultados bastante satisfactorios sen ter un prezo excesivo, e Logitech está a presentar a que podemos ver como a súa sucesora, a Brio 300, cámara web que tamén ten resolución de vídeo 1080p con corrección de iluminación automática, micrófono con redución de ruído e, ao estarmos ante un dispositivo actual, conector USB-C, que ponse xa á venda en tres cores (grafito, rosado e grafito) por un prezo oficial de 84,99 euros.
Esta nova webcam, ao igual que a C920, integra un clip de montaxe que facilita a súa colocación sobre monitores de equipos tanto sobremesa como portátiles, e un cable de metro e medio. Esta cámara de 2 Mpíxeles pode funcionar a 1080p ou a 720p a 30 imaxes por segundo, conta cun campo visual diagonal de 70 graos e o seu micrófono mono ten un radio de acción de até 1,22 metros. Con RighLight 2 equilibra automaticamente o brillo, axusta o contraste e compensa os contornos con iluminacións difíciles para ofrecer unha presentación natural, de xeito que consegue videochamadas que poden percibirse como de bastante calidade. Os usuarios que precisen dun maior control sobre a imaxe poden instalar a aplicación Logi Tune para poder axustar as preferencias da cámara.
A desconfianza dos usuarios tamén levou a que o propio deseño da cámara lle fixese integrar unha tapa de privacidade, que bloquea a lente cando a cámara non está en uso.

PUBLICIDADE