Vodafone actualiza as súas tarifas sociais, con máis datos e chegando a novos colectivos

Vodafone vén de anunciar a actualización das súas tarifas sociais, dirixidas a colectivos vulnerábeis, a partir deste mércores 1 de febreiro. A compañía comezou a aplicar este tipo de plans en abril de 2021 para facilitar a conectividade móbil e doméstica a colectivos afectados pola pandemia, e agora simplifica a oferta con dúas proposicións: unha de só móbil e outra converxente.

Os colectivos beneficiarios desta oferta de Vodafone son as persoas menores de 30 anos en busca activa de emprego, ademais das familias que reciben o Ingreso Mínimo Vital e titulares xubilados ou pensionistas maiores de 65 anos cuxa suma de ingresos e rendas non supere os 9.727,54 € anuais.

As dúas tarifas ofertadas pola operadora son as seguintes:

  • Vodafone Conectados Móvil (10 €/mes). Inclúe 30 GB de datos e chamadas ilimitadas.
  • Vodafone Conectados Converxente (25 €/mes). Inclúe 30 GB de datos con chamadas ilimitadas e un router 4G para navegar de forma ilimitada. O router é autoinstalábel de forma rápida (plug & play) e Vodafone asume os custes do equipo e o seu envío.

Estes beneficios incluídos nas tarifas sociais poden renovarse cada 12 meses enviando á compañía os certificados de continuar nunha das situacións incluídas na proposta.

Sobre o autor

Reply