Chega o 5G a Jazztel, con suba de prezos nos paquetes combinados incluída

O 5G chega ás usuarias de Jazztel, a segunda marca de Orange, e faino cun aumento na franquía de datos inclúidos nas tarifas converxentes, ao tempo que tamén implementa unha suba na cota mensual de 4 €/mes.

O cambio será efectivo a partir do luns 6 de febreiro e afectará unicamente ás novas contratacións, dado que a compañía optou por manter ás actuais usuarias coas mesmas condicións e tarifas que viñan desfrutando até o de agora.

Con estes cambios, o portfolio de plans converxentes de Jazztel queda organizado do seguinte xeito:

  • Fibra 300 + 1 liña móbil con 40 GB e ilimitadas: 43,95 €/mes.
  • Fibra 300 + 2 liñas con 30GB a compartir entre ambas e ilimitadas: 43,95 €/mes.
  • Fibra 1 Gbps + 1 liña móbil con 40 GB e ilimitadas: 51,95 €/mes.
  • Fibra 1 Gbps + 2 liñas con 30GB a compartir entre ambas e ilimitadas: 51,95 €/mes.

Jazztel permite ademais contratar liñas adicionais vencelladas a estes contratos converxentes, con chamadas ilimitadas e 15 GB de datos por 8 €/mes ou con 40 GB de datos por 12 €/mes.

Sobre o autor

No Responses

Reply