VI edición do Día dos Medios en Galego

O pasado 9 de febreiro tivo lugar a VI Edición do Día dos Medios en Galego. Este ano Mazarelos estivo presente na súa planificación e organización xunto co resto do equipo da Asociación de Medios en Galego. O evento tivo lugar na sala Capitol de Santiago de Compostela, lugar dos concertos de Grande Amore e Ortiga. As entradas foron esgotadas as dúas primeiras horas do seu lanzamento, enchendo a sala de xente que escoitou a nosa lingua da man dos dous artistas. Tamén tivo á súa disposición exemplares de diferentes medios en galego para difundir entre a mocidade, así como un vídeo dando a coñecer tanto a asociación como a listaxe de medios que forman parte dela.

O evento contou coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago. A continuación deixamos tanto o vídeo-resumo deste día de reivindicación e celebración como o programa de radio que se fixo en directo.

Vémonos o ano próximo na que será a VII Edición agardando que a listaxe de medios continúe medrando e con máis xente que os integre na súa vida cotiá!

Comparte

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Comentarios

Deixa un comentario

Publicidade