Oppo anuncia o seu primeiro teléfono tipo cuncha: o Oppo Find N2 Flip

O fabricante chinés Oppo vén de anunciar o lanzamento dun novo dispositivo encartábel, desta vez tipo cuncha. Trátase o Oppo Find N2 Flip, un modelo que se comercializará internacionalmente logo da experiencias colleitada pola marca coas series Find N e Find N2 na China.

Entre os seus elementos diferenciais fronte as alternativas de outras marcas están a súa pantalla exterior, un panel vertical de 3,26 polgadas que ofrece múltiples posibilidades co uso de widgets, permitindo até seis notificacións ao tempo e levar a cabo accións sinxelas sen ter que abrir o dispositivo.

Cando está aberto, ofrece a comodidade dunha pantalla AMOLED E6 de 6,8 polgadas, con relación de aspecto cinematográfica 21:9, e taxa de refresco adaptativa de 120 Hz. Acada até 1600 nits de brillo máximo e conta cunha avanzada película antirreflexos para unha visualización óptima.

Tamén destaca a presenza do sistema de carga rápida propio da marca, SUPERVOOC, neste caso de 44 W, o que permite acadar o 50% da carga en só 23 minutos e até o 100% en menos dunha hora. A capacidade da batería é de 4.300 mAh.

Para a fotografía, Oppo confiou en Sony, integrando como cámara principal un sensor Sony IMX890 de 50 MP e como cámara de autorretratos o Sony IMX809 de 32 MP.. No interior do dispositivo atopamos un procesador MediaTek Dimensity 9000+, con conectividade 5G e dual SIM.

Certificado até 400.000 aperturas

A bisagra Flexión Hinge de segunda xeración está preparada para resistir 400.000 aperturas e peches a temperatura ambiente estándar, o que equivale a abrir e pechar o teléfono unhas 100 veces ao día durante 10 anos.

Dispoñibilidade e prezo

O Oppo Find N2 Flip estará dispoñíbel o 1 de marzo en dúas cores, Astral Black (negro) e Moonlit Purple (lilá) por 1049 €. Nestes momentos, e até o 28 de febreiro, está aberta a prevenda, cunha oferta de lanzamento que rebaixa o prezo até os 999 €, e que tamén inclúe de maneira gratuíta uns auriculares Oppo Enco Free2 valorados en 99 €.

Sobre o autor

Reply