Gnocchi alla sorrentina

Case que no título podería poñer Gnocchi alla sorrentina versión galega. E vós seguramente vos esteades a preguntar por que. Pois porque nesta receita, non empreguei os queixos típicos italianos que leva: mozzarella e parmesano, senón que lle botei queixo Arzúa-Ulloa e Galmesán. E quedaron boísimos. Tamén podedes empregar queixo vegano para facerdes unha versión vegana.

gnocchi alla sorrentina

Polo demais, é unha receita ben doada. Dá moi bo resultado e o mellor de todo é que está boísima. Desta vez, fomos polo camiño máis curto, e mercamos os gnocchi xa feitos, mais se vos presta facelos caseiros, aquí vos deixo dúas receitas: uns de berenxena e outros recheos de queixo azul. Calquera das dúas opcións é perfecta para facelos á sorrentina. E se non vos vedes coa gana ou co tempo, mercádeos, que tamén vale.

Ingredientes para 4 persoas

  • 1 quilo de gnocchi

  • 600 gramos de tomate triturado

  • 1 dente de allo

  • Alfábega, ourego, tomiño e sal

  • 250 gramos de queixo cremoso tipo Arzúa-Ulloa en anacos

  • 70 gramos de queixo Galmesán relado

Preparación

  • Comezamos preparando o mollo de tomate. Poñemos un chorriño de aceite na tixola e botamos un dente de allo enteiro pelado.gnocchi alla sorrentina
  • Cando estea un chisco douradiño, engadimos o tomate, as especias e o sal e cociñamos a lume suave e tapado durante uns 30 minutos.gnocchi alla sorrentina
  • Cocemos os gnocchi segundo nos indique no envase.gnocchi alla sorrentina
  • Sacamos o allo do mollo e apagamos a tixola.
  • Botamos os gnocchi no mollo e mesturamos todo ben.gnocchi alla sorrentinagnocchi alla sorrentina
  • Nunha fonte para forno, botamos un pouco de mollo con aceite. E despois unha primeira capa gnocchi.gnocchi alla sorrentinagnocchi alla sorrentina
  • Botamos uns poucos anacos de queixo cremoso e tamén o queixo Galmesán relado (a metade, máis ou menos).gnocchi alla sorrentinagnocchi alla sorrentina
  • Botamos outra capa de gnocchi.gnocchi alla sorrentina
  • E cubrimos co resto do queixo cremoso en anacos e mais o Galmesán que nos quedaba.gnocchi alla sorrentinagnocchi alla sorrentina
  • Gratinamos a 250º durante uns 5 minutos.gnocchi alla sorrentina

Hai que servilos moi quentiños e se tedes a posibilidade de engadir unhas follas de alfábega frescas, sempre lle van quedar moi ben e darlle bo sabor. Eu boteille unhas poucas, mais a miña planta aínda é pequena e non podo sacarlle moitas follas. Se tedes tomates na casa, podedes tamén facer o mollo caseiro cos tomates. Sempre será mellor tomate triturado, que non tomate fritido. En canto aos queixos, empregade aqueles que máis vos presten tendo en conta que teredes que usar un máis cremoso e outro máis duro.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.