Samsung valora cobrar polas funcións IA dos seus móbiles

Samsung incorporou na súa serie Galaxy S24 a intelixencia artificial (IA), até o punto de que estas ferramentas son a principal novidade nos seus novos modelos. Porén, o seu uso gratuíto podería estar limitado. Segundo se desprende dunha información filtrada en Corea, o fabricante estase plantexando comezar a cobrar por elas a través dunha subscrición a partir de finais de 2025.

A integración das funcións de intelixencia artificial permite ás usuarias de Samsung acceder a novas ferramentas para a edición de fotografías, a transcrición de audios, resumos de textos ou a función de intérprete, entre outras.

Desde logo a máis sorprendente é a función intérprete das chamadas, que permite a dúas persoas que falen idiomas diferentes comunicarse en tempo real durante unha chamada de voz. Destaca especialmente por achegarnos a un futuro no que non coñecer un idioma deixará de ser unha barreira.

Polo de agora, as funcións de intelixencia artificial están limitadas ás series Galaxy S24, Galaxy Z Flip5 e Fold5, e Galaxy Tab S9, aínda que está previsto o seu despregamento aos Galaxy S23 e Galaxy Z Flip4 e Fold4 proximamente, así como a futuros lanzamentos.

Sobre o autor

Reply