MediaTek anuncia o procesador Dimensity 9300+, compatíbel con Google Gemini

MediaTek vén de anunciar o lanzamento dun novo procesador, o Dimensity 9300+. Está deseñado para smartphones de gama alta, e aínda que presenta poucas novidades respecto o modelo 9300, os cambios están enfocados ao soporte de modelos de linguaxe LLM. Precisamente entre os LLMs compatíbeis están Gemini Nano, de Google; e Llama 2 e 3 de Meta.

Construído co proceso de 4 nm, o Dimensity 9300+ promete unha gran eficiencia enerxética, reducindo o consumo de enerxía nun 20% en determinados escenarios de xogo. Tamén integra melloras que optimizan a conectividade á rede, e o soporte á conexión simultánea de dúas redes.

Na súa arquitectura atopamos unha CPU de oito núcleos, cun Cortex-X4 a 3,4 GHz, tres Cortex-X4 a 2,85 GHz e catro Cortex-A720 a 2.0 GHz. A súa capacidade permítelle ofrecer operacións de alta velocidade en LLMs específicos. De feito, conseguiu unha velocidade de 22 tokens/segundo no modelo Llama 2 7B de Meta.

En termos de conexión, o MediaTek Dimensity 9300+ integra un módem 5G R16, con soporte para as redes Sub-6 GHz e unha velocidade de descarga de até 7 Gbps.

Dispoñibilidade do MediaTek Dimensity 9300+

O primeiro dispositivo en integrar o procesador MediaTek Dimensity 9300+ será o Vivo X100s, seguido do i!OO Neo9S Pro.

Sobre o autor

Reply