sábado, 17 de outubro de 2020

SANTOS E SERPES: SAN PATRICIO E SANTO HADRIÁN

San Patricio a expulsar as serpes (Fonte: irishcentral.com)
  
Unha das lendas máis coñecidas e citadas do imaxinario irlandés é aquela segundo a cal San Patricio expulsou as serpes da Irlanda, lanzándoas ao mar do alto dun outeiro no cal o evanxelizador da illa estaba a realizar xaxún. Isto explicaría a total ausencia de ofidios (e non só) naquelas terras. 

En realidade, a lenda é antiga e xa tivo outros protagonistas: por exemplo, en textos altomedievais é o ilustre San Columba, o campión do primitivo cristianismo irlandés, quen aparece como artífice de tal milagre. Ao que parece, a primeira mención a San Patricio erradicando as cobras da Irlanda aparece na Topographia Hibernica, unha obra redixida por Giraldus Cambrensis por volta de 1188. Aínda que importa notar que este sabio se mostraba moi céptico coa lenda; na súa opinión, nunca serpes houbera na Irlanda (e o caso é que a ciencia, en épocas recentes, veu a corroborar tal idea), algo que el atribuía a "deficiencias na natureza da illa" (sic). Non esquezamos que a Topographia era un texto cun intuito propagandístico claro e patente, e nel poucas ou nengunha virtude son atribuídas nen á Irlanda nen aos seus habitantes.


Quen nos diría que iriamos encontrar o mesmo tema entre nós, na Galiza, e nomeadamente nesa "pequena Irlanda" que é a Costa da Morte. Por aló é ben que coñecido que Santo Hadrián, que chegou canda os romanos ("Santo Hadrián é barqueiro, que leva o remo na man", conforme ao ditado popular) e andou por aquí a predicar, expulsou as serpes que asolaban o país, obrigándoas a agocharse baixo terra no lugar onde hoxe se ergue a coñecida Pedra da Serpe (en Gondomil, ao pé mesmo de Corme), un dos monumentos máis coñecidos da nosa terra. Unha cruz, a propósito, situada a só algúns metros dunha praia (a da Estrela) fronte á cal se ergue un illote onde a documentación conservada nos fala dun asentamento de relixiosos irlandeses... Mais, voltando á lenda, esta culmina cando un daqueles répteis invasores tenta fuxir ás illas Sisargas, mais o santo detena, pisándoa co seu proprio pé e converténdoa en pedra. E, de facto, aínda pode verse a serpe petrificada no monte Beo, que se ergue sobre a capela dedicada ao santo nas proximidades de Malpica, a mesma á que acoden todos os anos centos de romeiros.

A Pedra da Serpe de Gondomil (Fonte: tripadvisor.com.br)

ENGLISH VERSION: One of the most known legends in Irish folklore is the one envolving Saint Patrick ridding Ireland of snakes by throwing them out to the sea from a cliff where he was fasting. This would explain the lack of ophidians in the island. Actually, the legend is ancient and already had other central characters: for example, in early medieval texts it is the highly praised Saint Columba, Irish christianity's first great champion, who appears performing such a miracle. Apparently, the first mention of Saint Patrick erradicating snakes from Ireland appears in Topographia Hibernica, a work by Gerald of Wales around 1188. It's important to point out though, that this wise man was very sceptical with this legend; in his opinion, Ireland was never home to snakes (as science came to certify later), something he atributed to “deficiencies in the nature of the island” (sic). Who would imagine that we could find this same image in Galicia, and specifically in Costa da Morte? It is well known there the story in which Saint Adrian, who arrived with the Romans and acted as a missionary here, casted away the snakes that devastated the country forcing them to hide underground in the place know today as "Pedra da Serpe" (Serpent's Stone), in Gondomil, right next to Corme. This is one of the most well known and photographed monuments in our land, located, by the way, not far from a beach where, according to some sources Irish clergymen were settled. Less known is the fact that one of those reptiles tried to escape to the Sisargas islands, but the saint prevented it by stepping over it with his own foot and turning it to stone. In fact, even today it can be seen in mount Beo a chapel built in honor of Saint Adrian, not far from Malpica. The same chapel that receives hundreds of pilgrims every year.

 

Sem comentários:

Enviar um comentário