Biscoito integral con amorodos

Ingredientes:⁠

🔸 4 ovos
🔸 6 culleradas de panela
🔸 1 iogur natural
🔸 80 ml de leite
🔸 300 g de fariña integral
🔸 1 cullerada de esencia de vainilla (opcional)
🔸 100 ml de AOVE
🔸 1 cunca de amorodos
🔸 1 sobre de lévedo en po

👉 Preparación:⁠

  1. Para facermos o amoado, mesturamos primeiro os ingredientes líquidos e despois incorporamos os sólidos. Por último, engadimos os amorodos en anacos e colocamos algúns por riba para decorar o biscoito.
  2. Enfornamos a 180º C durante 40 minutos aproximadamente e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

2 comentarios sobre “Biscoito integral con amorodos”

    1. Grazas a ti! Espero que che gustase tanto coma min! Agora que estamos en tempada de amorodos temos que aproveitalos co bos que están.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario