Batea


BATEA nace en Vigo no ano 2020. Fundada por antigos membros de Virandeira, grupo folk que acumulou un cento de actuacións e dous discos nos seus dez anos de vida, a nova banda fusiona definitivamente o son da gaita galega co xénero rock.


BATEA son: Chema Alonso (gaitas), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Iván Martínez (batería e percusións).



Tampoco somos los Rolling (20121)

O grupo vigués BATEA envasa en conserva o seu novo álbum A banda de folk rock presenta o seu primeiro traballo nun orixinal formato físico composto por unha lata de conserva e unha memoria USB con forma de mexillón. Cando menos é orixinal.

O grupo vigués BATEA lanzou esta semana o seu primeiro álbum baixo o título de Tampoco somos los Rolling, e o fixo nun formato físico tan singular como chamativo: unha lata de conserva.

A coñecida como “edición en conserva” deste traballo musical consiste nunha auténtica lata de conserva con anilla de apertura fácil (coa súa portada e contraportada, como calquera disco de música), en cuxo interior se agocha outra gran sorpresa, unha memoria USB con forma de mexillón que inclúe doce temas de folk rock.

En Batea todos aportan as súas cousiñas e do deseño gráfico encargouse André Taboada

A iniciativa de BATEA espertou o interese de numerosos afeccionados á música e curiosos en xeral, o cal se viu reflectido no número de reservas de compra recibidas mesmo antes da data de lanzamento: máis de cen. Unha cantidade moi importante tendo en conta que a banda viguesa tan só fabricou trescentas unidades desta edición especial.

O álbum Tampoco somos los Rolling gravouse nos Estudos Musicais Metrópolis de Vigo con Rafael Prieto aos mandos técnicos, mentres que a mestura e masterización finais correron a cargo de Marcos Valles, reputado profesional da escena musical folk quen recentemente recibiu un premio AMAS polo seu labor como produtor.

 

O primeiro traballo de BATEA pode adquirirse na súa “edición en conserva” por tan só 10€ tanto na web bateamusic.com como nos Estudos Musicais Metrópolis (Pi y Margall Interior 2, Vigo).

Podedes escoitalo disco enteiro desde a súa paxina:

https://bateamusic.wixsite.com/batea/música

 

 

Contacto:

bateaband@gmail.com