Vichyssoise con xamón serrano


Ingredientes (para dúas persoas):⁠


🔸 1 cebola
🔸 1 allo porro
🔸 200 g de patacas
🔸 750 ml de caldo de verduras
🔸 1 iogur grego
🔸 2 liscos de xamón
🔸 Pementa e sal

Preparación:⁠

1. Rustrimos a cebola e cando estea case transparente, engadimos o porro e rustrimos até que se doure.
2. Engadimos as patacas e cubrimos as verduras co caldo. Deixamos que coza uns 15-20 minutos.
3. Salpementamos ao gusto e cando as verduras estean cocidas, apagamos o lume e incorporamos o iogur grego para darlle cremosidade. Trituramos todo até que teña unha textura suave.
4. Decorados con xamón en anacos e listo! Lembra que a vichyssoise é unha crema que se serve morna. Bo proveitooooo!

🍊 Se fas esta receita, non te esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario