Media Laranxa celebrou o seu primeiro aniversario cun concurso de receitas e o alumnado do IES Leiras Pulpeiro quixo participar. Un dos alumnos que decidiu pórse o mandil foi Andrés Martín con esta lambonada.
Ingredientes (para catro persoas):
- 12 anacos de biscoito
- ½ litro de leite
- 450 gramos de queixo tipo Philadelphia
- 1 sobre de callada
- 200 gramos de azucre
- 100 mililitros de auga
Preparación:
Tempo: 30 min + 4 horas de conxelación
- Trocear os biscoitos nun bol en anacos moi pequeniños e mesturalos co leite ata obter unha textura moi espesa. Unha vez conseguida engadimos o queixo e seguimos removendo. Por último, o sobre de callada pásandoo primeiro por un coador para que non se formen gromos.
- Para facer o carambelo, bota nunha tixola o azucre e a auga, e remove un pouco para axudar a que se derreta. Unha vez que se disolva, temos que baixar un pouco o lume e esperar a que colla unha cor dourada. Unha vez feito, deixar reposar para poder montalo coa masa que fixemos antes.
- Para a montaxe, collemos unha bandexa e poñemos no fondo o carambelo. Despois, engadir a masa de biscoito e queixo. Cando estea listo, deixar arrefriar no conxelador unhas 4 horas.
- Unha vez listo, servímolo. O idóneo sería acompañalo con froita fresca, como a manga ou a framboesa, xa que este é un doce moi san, mais tamén moi pesado.
Imos gañas quilos… de felicidade comendo estas cousas. Parabéns, Andrés!