A Fundación ONCE certifica a accesibilidade dos Galaxy S21 e S21 Plus

mércores, 5 de maio do 2021 Marcus Fernández

No seu compromiso coas persoas con discapacidade Samsung anuncia que os seus móbiles Samsung Galaxy S21 e S21 Plus veñen de obter o selo Amóvil da Fundación ONCE, que xa tiñan anteriormente o Galaxy S20 e o Galaxy Note 10, o que acredita que son dispositivos móbiles accesibles para persoas con discapacidade.
O selo Amóvil nace do desenvolvemento da Fundación ONCE en colaboración con Ilunion, e ten como obxectivo ofrecer información sobre as características de accesibilidade dos terminais comerciais, sendo Samsung o primeior fabricante que conta con esta certificación en varios terminais.
A Fundación ONCE certificou que os Samsung Galaxy S21 e S21 Plus contan coas funcións axeitadas para persoas con visión nula ou parcial, con audición nula e parcial, con dificultades moderadas e severas para a manipulación, con cegueira de cores e dificultades de fala. Estes terminais conta cun menú de accesibilidade moi completo que permite aos usuarios atopar no panel de busca as opcións precisas de xeito rápido e sinxelo, e tamén conta con opción de activar algunhas funcións cando os usuarios acende o dispositivo por primeira vez, como o lector de pantalla ou o control por voz ou asistente persoal.
No caso do Samsung S21 Plus 5G tamén pode destacarse unha función máis específica, adapt sound, que permite aos usuarios adaptar as frecuencias sonoras ás súas necesidades ou preferencias.

PUBLICIDADE