Fossil anuncia o novo smartwatch Gen 5E con Wear OS

O fabricante Fossil vén de anunciar a chegada ao noso país dun novo reloxo intelixente, o modelo Gen 5E, que combina un deseño coidado coa tecnoloxía no seu interior. Está dispoñíbel en dous tamaños (42 e 44 mm), para poder adaptarse a diferentes gustous ou necesidades.

FSL3636829

Como sistema operativo, o novo Fossil Gen 5G emprega Wear OS de Google, compatíbel tanto con Android como con iOS, e que destaca por incluír Google Assistant para axudarnos a xestionar as tarefas e planificar o día a día, así como Google Fit, para animarnos a manternos en forma a través de funcións que miden a frecuencia cardíaca ou os pasos, e Google Pay para o pago sen contacto.

A súa pantalla é un panel AMOLED de 328 x 328 píxeles, e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon Wear 3100, xunto con 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna, fronte os 8 GB do Fossil Gen 5. A batería ofrece unha autonomía de 24 horas, con carga rápida.

FSL3636829

Non lle faltan a este reloxo sensores como o xiroscopio, o lector de frecuencia cardíaca, o altímetro ou o lumínico, e tamén mantén a súa resistencia á auga, concretametne a unha profundidade de 3 ATM.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Fossil Gen 5E xa está dispoñíbel en diversos acabados, todos eles por 229 euros.

Sobre o autor

Reply