Actualidade Retiran o parche 1.3.3 de Returnal logo de corromper varias partidas

Retiran o parche 1.3.3 de Returnal logo de corromper varias partidas

Actualizado (06/05/2021 – 16.56 horas Housemarque xa lanzou o parche 1.3.4 que corrixe o problema comentado nas liñas orixinais desta peza.

 

Returnal, o novo exclusivo de PlayStation 5, converteuse desde a súa saída nun dos xogos do momento. O roguelike de Housemarque configúrase como unha esixente e divertida proposta de acción nun planeta inhóspito, no que controlamos a unha astronauta que trata de regresar a casa. Por desgraza, un dos primeiros parches que recibiu, o 1.3.3, trouxo consigo unha sorpresa inesperada: danar a partida dalgúns usuarios de xeito irreparables.

Segundo o testemuño de diversos xogadores, após intalaren esta actualización o xogo non para de mostrarlles constantemente o erro CE-100028. Toda a partida queda inservible, pois non pode ser gardado ningún tipo de avance realizado. Perante este asunto, a compañía responsable do título non tardou en retirar a actualización para que ninguén máis sufra deste problema. Así, o parche que rexe na actualidade o xogo é o 1.3.1. Ao longo das próximas horas, Housemarque, agarda lanzar un novo parche.

Sexa como for, se non queres arriscar a túa partida, é recomendable desactivar as actualizacións automáticas de PS5 e non iniciar a partida ata que o parche novo estea preparado. Tes xa instalado o 1.3.3? Housemarque recomenda borrar o xogo e volver instalalo, pois volverás instalalo coa versión anterior, a que, en teoría, funcionaba perfectamente.

O parche defectuoso ía corrixir un problema que impedía a obtención de certos Trofeos, amais dalgúns fallos menores relacionados coa recolección de obxectos e a apertura de portas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.