Torta de chocolate (sen fariña, sen glute e sen azucre)

Hoxe tráiovos unha torta só apta para os amantes do chocolate!

📝 Ingredientes:

🔸 170 g chocolate negro
🔸 3 ovos
🔸 40 gr de cacao en en po
🔸 1 cullerada de café solúbel
🔸 1 iogur grego

👉 Preparación:⁠

  1. Derretemos o chocolate ao baño maría e deixamos que arrefríe un pouco antes de mesturalo co resto de ingredientes.
  2. Nun cunco batemos os ovos e cando os teñamos lixeiramente batidos, engadimos a cullerada de café e o cacao.
  3. A seguir, engadimos pouco a pouco e sen deixar de bater o chocolate fundido e remexemos até que estea todo ben integrado. Por ultimo, engadimos o iogur grego e batemos de novo.
  4. Nun molde previamente engraxado, botamos o amoado e enfornamos durante 15 minutos a 180ºC e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario