Actualidade HTC presentou Vive Pro 2, as súas nuevas gafas de realidade virtual

HTC presentou Vive Pro 2, as súas nuevas gafas de realidade virtual

Comentaban na obra fantástica de Ernest Cline, Ready Player One, que a realidade sabía a pouco. Quizais algún día así nolo pareza, pois a chamada realidade virtual continúa o seu avance. Este martes, 11 de maio, HTC presentou as súas novas lentes para entrar neste mundo, un dispositivo que chegará o 4 de xuño e que promete mellorar o xa coñecido, baixo o nome Vive Pro 2.

Entra as características máis destacadas do aparello están a de ter unha resolución de 5K, 2448×2448 píxeles por ollo, unha taxa de 120 Hz e un FOV de até 120 graos. Se un quere unha comparación rápida co Vive Pro lanzado no 2018, é posible sinalar que mellora as prestacións anteriores de 2880×1600 de resolución, 90 Hz e 110 graos de FOV.

Ademais, as novas lentes terán soporte para DSC (Display Stream Compression), unha función que evita a perda visual, tal e como sucede en monitores de alta gama. Por mor disto, HTC asegura que o sistema ofrece un «desenfoque mínimo no movemento». Doutra banda, o coñecido como Screen Door Effect foi eliminado xa.

Por suposto, os auriculares integrados teñen son 3D espacial e o headset é compatible con auriculares de terceiros. Tamén funcionará con todos os accesorios de SteamVR. Iso si, o prezo… Haberá que abrir a carteira e sacar 1.399 euros para compralas (con todo o equipo necesario para o seu funcionamiento). Se queres podes reservalas xa por 739 euros cun desconto especial, que logo se incrementará até os 799 euros.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.