Lowi mellora de novo as súas tarifas, con máis datos e máis opcións en fibra

Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, anunciou onte a mellora da súa oferta comercial, incluíndo unha maior cantidade de datos nas súas tarifas e tamén unha nova opción de velocidade na fibra. O anuncio coincide coa celebración da compañía de ter superado o millón de liñas móbiles nos seus seis anos de vida.

As novas tarifas de Lowi permiten elixir plans que inclúen entre 8 e 35 GB de datos ao mes no móbil, o que supón un incremento de 1, 3 ou 5 GB / mes, dependendo da tarifa, e velocidades de 100, 300 ou 600 Mbps para a fibra, con varias combinacións de gigas nos paquetes converxentes.

Ademais, Lowi tamén incorpora a posibilidade de contar con liñas adicionais en calquera dos plans converxentes, e a vantaxe de compartir e acumular os datos con todas as liñas da operadora.

Así, tras os cambios, os plans quedan da seguinte maneira:

Tarifas só móbil:

  • 8 GB + ilimitadas por 7,95 €/mes
  • 16 GB + ilimitadas por 11,95 €/mes
  • 28 GB + ilimitadas por 14,95 €/mes
  • 35 GB + ilimitadas por 19,95 €/mes

Tarifas converxentes:

  • Fibra 100 Mbps + móbil 25 GB e ilimitadas por 34,95 €/mes
  • Fibra 300 Mbps + móbil 30 GB e ilimitadas por 39,95 €/mes
  • Fibra 600 Mbps + móbil 30 GB e ilimitadas por 44,95 €/mes

Liñas adicionais (para produtos converxentes

  • 5 GB + ilimitadas por 2,95 €/mes
  • 15 GB + ilimitadas por 5,95 €/mes
  • 25 GB + ilimitadas por 9,95 €/mes

Todas estas ofertas xa están dispoñíbeis para a súa contratación, tanto para a clientela actual como para novas clientas. Salvo que desexen mudar de plan por outro diferente, a clientela actual de Lowi verá actualizada a súa tarifa á equivalente coas melloras previstas nese prezo.

Sobre o autor

Reply