Actualidade Terra Nil, de Devolver Digital, un simulador co que revivir ecosistemas

Terra Nil, de Devolver Digital, un simulador co que revivir ecosistemas

Mantendo a súa liña de títulos diferentes e interesantes, Devolver Digital presentou onte Terra Nil, un xogo de «construción inversa», onde non deberemos construír grandes e contaminantes cidades, senón que teremos de restaurar os ecosistemas danados. Desenvolto por Free Lives, configúrase como un título de estratexia e simulación.

«Comeza co sistema de agua, continua purificando a terra e devolve aos poucos o verdor», explican os responsables do xogo na súa páxina de Steam. «Embarca en tarefas moito máis ambiciosas como restaurar a biodiversidade, arranxar o clima, introducir fauna salvaxe e, finalmente, reciclar todas as estruturas que usaches, deixando o ecosistema prístino».

Segundo o exposto na páxina oficial do xogo, Terra Nil presentaranos cinco rexións diferentes, cada unha coa súa idiosincrasia, propoñendo partidas únicas e diversas. No aspecto visual, cabe destacar que cada un destas contornas conta con arte pintada a man. Cando chegará? Non hai data, mais si teremos unha demo aberta durante o Steam Next Fest deste verán.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.