Tetris Effect universaliza o seu multixogador en xullo

venres, 18 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Resulta curioso ver como un xogo tan clásico como o Tetris consegue volver á actualidade grazas á fermosa proposta de Tetris Effect, que non só adornaba as partidas do xogo de pezas descendentes con gráficos e música que hipnotizan os sentidos, senón que tamén contaban coa posibilidade de gozar desa experiencia dun xeito moi inmersivo tirando proveito dos cascos de realidade virtual.
Os seus responsables non se conformaron con deixar ao público coa boca aberta, e quixeron dinamizar o xogo incorporándolle modos cooperativos e competitivos, para o que crearon a expansión Tetris Effect: Connected, que inicialmente chegou a Xbox Series X|S, Xbox One e Windows 10, e que finalmente vai chegar á PlayStation Store, a Oculus Quest e ás tendas de Epic Games e Steam, aínda que esta ampliación que chegará sen custo adicional estará dispoñible inicialmente só para usuarios da súa versión en probas.
Deste xeito, o xogo recompensa aos seus usuarios actuais con contidos adicionais e novos modos de xogo, á vez que atrae a futuros xogadores, confiándose de que ao longo do mes de xullo complétese a chegada desta expansión a todas as plataformas nas que está dispoñible o xogo, que incluso conta con incentivo do xogo cruzado (ou sexa, que permite a competición entre usuarios de plataformas diferentes).

Vídeo no que explican os detalles da vindeira grande actualización de Tetris Effect

PUBLICIDADE