Xeado de chocolate e framboesas

Ingredientes (para catro unidades):

🔸 250 ml de leite ou bebida vexetal
🔸 1 cullerada de cacao
🔸 1 cullerada de maicena
🔸 1 cullerada de azucre (opcional)
🔸 1 presada de framboesas

Preparación:⁠

  1. Dividimos o leite en dúas partes. Poñemos unha a ferver e reservamos a outra. Antes de que ferva, engadimos o cacao e o azucre. No leite que reservaramos, engadimos a maicena*.
  2. Xusto no momento en que apareza a tona, botamos o leite coa maicena e remexemos até obtermos unha textura espesa. Tennos que quedar un chocolate como o que tomamos cos churros.
  3. Cortamos as framboesas en anacos e mesturámolas co chocolate. Vertemos a mestura en moldes para xeado e metémolos no conxelador unhas 5-6 horas. Bo proveito!

*Preguntarédesvos que pinta a maicena nun xeado, pois curiosamente a maicena vai actuar como “anticonxelante”, isto é, non vai permitir que o leite cristalice e daralle unha textura máis cremosa.

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario