O OnePlus Nord 2 5G chegará coa cámara do OnePlus 9
venres, 23 de xullo do 2021
O ano
pasado OnePlus
conseguiu recuperar certa posición de mercado ao comercializar o OnePlus Nord,
un móbil moi completo que por un prezo que partindo dos 399 euros ofrecÃa unha
grande experiencia de uso e conectividade 5G, converténdose nun dos teléfonos máis
reputados do ano, e agora buscan aproveitar a sona dese dispositivo coa súa
segunda xeración, que tenta repetir fórmula mellorando especialmente o seu
apartado fotográfico.
O OnePlus Nord 2 5G chega
cun potente procesador MediaTek Dimensity 1200, pantalla AMOLED Full HD+ de
6,43 polgadas cunha velocidade de refresco de 90 Hz, altofalantes duais, unha
cámara traseira tripla na que destaca un sensor principal Sony IMX766 de 50
MpÃxeles con estabilización óptica de imaxe (a mesma cámara que ten o OnePlus
9), unha cámara frontal de 32 MpÃxeles, conectividade Bluetooth 5.2, 5G e Wi-Fi
6, NFC e baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 65 watts.
Un dos puntos fortes deste móbil é OxygenOS 11.3, un sistema operativo moi
próximo a Android puro, ao que simplemente engadiron algunhas funcións e
posibilidades de personalización, o que sumado a unha cámara principal propia
dun móbil de gama alta pode facer que este smartphone consiga estar á altura da
súa primeira versión.
O
OnePlus Nord 2 5G sairá á venda o vindeiro mércores a un prezo de 399 euros
con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e a 499 euros con 12 GB de RAM e 256
GB de almacenamento, podendo adquirirse inicialmente a través da propia OnePlus
ou de Amazon.