Preparan un remake de Dead Space

venres, 23 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Durante o EA Play Live 2021 anunciouse que Motive, o estudio de Electronic Arts, está a traballar nun remake do clásico xogo de supervivencia e ciencia-ficción Dead Space, que será exclusivo de consolas de nova xeración e PC, conseguindo así que esta franquía chegue a novos niveis de horror e inmersión, para o que están a empregar o motor Frostbite.
No remake de Dead Space non só teremos un xogo actualizado tecnicamente, senón que tamén prometen melloras na historia, os personaxes e as mecánicas xogables, nesta aventura de supervivencia na nave desolada USG Ishimura, e o terrible misterio do que aconteceu coa súa tripulacións.
A aventura de Isaac Clarke enfrontándose aos necromorfos chegou en 2008 a Xbox 360, PlayStation 3 e PC, converténdose en todo un referente que deu pé a unha franquía, e con este remake saltaría dúas xeracións de consolas, permitindo gozar deste arrepiante e orixinal xogo en máquinas modernas, o que tamén faino accesible a novos xogadores.
Polo momento non se desvelou a data de lanzamento do novo Dead Space.

Vídeo de anticipo do remake de Dead Space

PUBLICIDADE