O MUVI organiza exposicións experimentais con música en directo
martes, 27 de xullo do 2021
O Museo do Videoxogo de Cangas está a presentar unha
interesante iniciativa chamada Música
e Videoxogos que estrearase cun
par de concertos en setembro-outubro, con música en directo e algunhas das
pezas máis importantes da historia dos videoxogos interpretadas ao piano por Andrea GarcÃa González.
Estes recitais serán en dous museos: o primeiro, o 2 de setembro, no Museo de
Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) coincidindo coas Xornadas Videoxogos e
Literatura da Fundación Carlos Casares; sendo a segundo cita no propio Museo do
Videoxogo, o dÃa da súa reapertura continua indefinida en Cangas.
Este proxecto desenvolvido pola Fundación Museo do Videoxogo en colaboración
con Iago Gordillo Recuncho Gamer, pretende
achegar música de videoxogos á sociedade galega, en contexto expositivo, cun
enfoque marcadamente cultural e cunha formulación pioneira en Galicia.