Nothing presenta uns auriculares con cancelación de ruído

mércores, 28 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Un dos cofundadores de OnePlus, Carl Pei, decidiu afastarse e emprender de novo con Nothing, empresa londiniense que está a presentar o seu primeiro produto: os auriculares ear (1). Estes accesorios prometen ofrecer unha experiencia de son pura, para o que contan cun potente driver de 11,6 milímetros, son de Teenage Engineering, cancelación de ruído activa, 3 micrófonos de alta definición, autonomía de até 5 horas de reprodución (que co estoxo de carga chegaría até as 34 horas), resistencia á suor e á auga IPX4, pausa automática da reprodución cando se retira do ouvido, un peso de só 4,7 gramos cada auricular, compatibilidade con Bluetooth 5.2 e emparellamento rápido baixo iOS e Android.
Visto así podemos entender que estamos ante un competidor dos AirPods Pro de Apple (á venda por 279 euros), pero que cun prezo de 99 euros e un deseño realmente rechamante (ao contar cunha carcasa transparente) podería conseguir un pequeno anaco dun mercado cunha grande facturación actualmente.

O deseño orixinal é un dos puntos fortes dos auriculares ear (1)

Vídeo promocional dos auriculares ear (1) de Nothing

PUBLICIDADE