Roberto Núñez e a adega Viña Almirante premiados nos Graphis de Nova York
No palmarés dos históricos premios de deseño Graphis deste ano atopamos un nome ben coñecido, o do noso socio Roberto Núñez, que foi premiado con un trofeo de prata e dúas mencións especiais polo traballo de identidade e embalaxe realizado para a adega Viña Almirante.
As dúas mencións foron para o deseño de embalaxe dos viños Vanidade e Maccerato. O Graphis de prata foi para a nova identidade do viño de produción limitada «Mar Adentro». Unha proposta de deseño que se presenta como un poema visual, reflexionando sobre o mar, a condición humana e a natureza efémera de cada colleita. Este último proxecto figura ademais na lista de traballos seleccionados da 62ª edición dos premios Communication Arts 2021.
Os premios Graphis teñen máis de 75 anos de historia, destacando e poñendo en valor grandes proxectos de deseño e comunicación a nivel internacional. Os traballos premiados nesta edición serán incluídos do anuario Graphis Design Annual 2022, un libro repleto de bo deseño, no que convivirán proxectos para pequenas empresas e grandes marcas.