O Oppo Watch 2 promete 16 dÃas de autonomÃa
mércores, 28 de xullo do 2021
O
vindeiro dÃa 6 de agosto chegará ao mercado chinés o reloxo Oppo Watch 2, que xa
pode reservarse en modelos Bluetooth de 42 milÃmetros a un prezo de 1.300 iuans
(169 euros) e de 1.500 iuans (196 euros) con eSIM, mentres que a versión de 46
milÃmetros con eSIM véndese por 2.000 iuans (261 euros), ou sexa, que non
estamos ante unha simple pulseira de actividade, senón ante un completo reloxo
conectado que funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon Wear 4100 e que sorprende
prometendo unha autonomÃa de até 16 dÃas.
Este dispositivo, cun innegable parecido ao Apple Watch, ten unha pantalla
AMOLED curva con 326 puntos por polgada (de xeito que a versión grande terÃa
unha diagonal de 1,91 polgadas cunha resolución de 402 x 430 pÃxeles), fai un
seguimento do ritmo cardÃaco durante as 24 horas e tamén monitoriza o osÃxeno
en sangue, o sono, o estrés... podendo tamén realizar o seguimento de
actividade en máis dun cento de deportes, sendo incluso apto para o seu uso na
piscina grazas á súa resistencia á auga até en 5 atmosferas. Para un mellor
seguimento tamén inclúe GPS.
Un dispositivo bastante interesante do que queda saber se o teremos pronto en
Europa e se o prezo será tan competitivo como o que ofrece no mercado chinés.