Actualidade Ankora: Lost Days é a futura obra dos creadores de Summer in Mara

Ankora: Lost Days é a futura obra dos creadores de Summer in Mara

Tralo recibimento positivo de Summer in Mara, o estudio valenciano Chibig teno claro: seguir creando videoxogos. A compañía anunciou que a súa nova obra levará por título Ankora: Lost Days, proxecto que comezará o 7 de setembro unha campaña de Kickstarter na prpocura dun financiamento colectivo.

Polo amosado polo estudio, todo parece indicar que seguirá a liña dos seus anteriores traballos, xa que é definido como un título de aventuras con mecánicas de exploración e crafteo. Sairá en sistemas PlayStation e Xbox, ademais de en Nintendo Switch e PC, vía Steam a partir de 2022.

A descrición do xogo explica que haberá mecánicas relacionadas coa terraformación dun planeta salvaxe, ademais de contar cun estilo visual colorido e belo. A protagonista será Mun, e terá que ir salvando os obstáculos que vaian aparecendo na súa exploración. Segundo o indicado polos responsables, será unha aventura cun ritmo adaptado para cada xogador, libre no seu sistema de xogo. Entre as inspiracións para dar forma ao título citan a Nausicaä no Val do Vento, película de Studio Gihbli.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.