Actualidade A secuela espiritual de Undertale, Deltarune, recibirá mañá o seu segundo capítulo

A secuela espiritual de Undertale, Deltarune, recibirá mañá o seu segundo capítulo

O Chapter 2 de Deltarune sairá o sábado ás 2 da mañá —na noite do venres para o sábado—. No seu lanzamento só estará dispoñible para PC e para Mac.

A través da web oficial do título é posible obter diversas aclaracións sobre o título. Merece a pena lembrar que o primeiro capítulo saíu no ano 2018, en PC e Mac, vendo uns meses tardes, en febreiro de 2018, a luz en consolas. Será o último capítulo do Deltarune? Na teoría non, pois está previsto o desenvolvemento de máis historias neste sentido.

Non había noticias desta obra desde setembro do ano pasado, mais é bo saber que non haberá que agardar máis tempo do necesario para continuar a súa narración. Malia que desde o principio o seu director aclarou que o xogo non está ambientado no universo de Undertale —o propio nome é un anagrama…—, comparte diversos elementos con el e está infestado de referencias ao seu predecesor

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.