A Coruña e o rugby van unidos da man. O CRAT Residencia Rialta, equipo herculino da Liga Iberdrola organiza este xoves, 14 de outubro, ás 19:00 horas, unha xornada de portas abertas no Estadio Universitario de Elviña.
A intención desta acción non é outra que dar a coñecer o deporte oval, unhas das principais modalidades deportivas de Europa, sendo o seu mundial o terceiro evento deportivo a nivel global (só por detrás do mundial de fútbol e os Xogos Olímpicos) e a disciplina que máis medra en España.
Desde o CRAT recordan como a cidade herculina foi a sede do primeiro partido do que se ten constancia en España, fai xa 110 anos, e a todas as xogadoras de talle internacional que pasaron polo campo de Elviña ano tras ano. Porén, desde o propio club recalcan como o estigma de ser un deporte violento de deporte violento ou só para xente voluminosa.
O equipo busca romper estas lendas e dar a coñecer o rugby e o propio CRAT, bicampión de España nas últimas tempadas, abre as súas portas a todas as mozas que queiran achegarse ao que se coñece como “o deporte en equipo por excelencia”.
As deportistas poderán acudir independentemente da súa idade, coñecemento do xogo ou condición física, xa que o CRAT está aberto nas súas distintas categorías (veteranas, inclusivo ou sénior) para calquera persoa con curiosidade polo deporte oval.