Lenovo TAB6, unha nova tablet que democratiza o acceso ao 5G

Lenovo vén de anunciar nova tablet, a Lenovo TAB6, un dispositivo de características sinxelas pero que serve para achegar o 5G ás usuarias que demandan este tipo de conectividade pero que non queren facer unha gran inversión en dispositivos.

A Lenovo TAB6 incorpora unha pantalla TFT de 10,3 polgadas e resolución 1920 x 1200 píxeles, e no seu interior alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 690, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna, que poderemos ampliar mediante tarxetas microSD de até 1 TB.

O apartado fotográfico está composto por dúas cámaras, unha frontal e unha traseira, ambas de 8 MP, e a batería é de 7.500 mAh de capacidade. A conectividade vén dada por Bluetooth 5.0, WiFi 5 e, por suposto, a conectividade móbil 5G. En canto ao sistema operativo, chega con Android 11 de serie.

Dispoñibilidade e prezo

Lenovo anunciou a nova tablet indicando que estará dispoñíbel en dúas cores, azul e branco. Porén, o que non indicou a compañía aínda é o seu prezo nin os países nos que se poderá mercar este dispositivo.

Sobre o autor

Reply