O Xiaomi 11 Lite 5G NE xa está á venda no noso país

Xiaomi vén de poñer á venda no noso país o Xiaomi 11 Lite 5G NE, un dispositivo que destaca polo seu deseño fino (apenas 6,81 milímetros) e un peso de 158 gramos, o que o convirte nun dos smartphones 5G máis lixeiros do mercado.

Está dispoñíbel en tres versións atendendo á capacidade das súas memorias (6 + 128 GB, 8 + 128 GB e 8 + 256 GB), e durante un tempo promocional que remata mañá, 20 de outubro, poderase adquirir cunha rebaixa ou agasallo, dependendo da versión:

  • A versión de 6 + 128 GB por 299,99 € a través de Mi.com, Amazon e PcComponentes (posteriormente o seu prezo pasará a 369,99€).
  • A versión de 8 +128 GB co agasallo dunha Mi Smart Band 6, mercándose en diversos puntos, que se poden consultar nas condicións desta web: https://www.xiaomi11litene.com/

Características

Máis aló das súas dimensións e peso, o Xiaomi 11 Lite 5G NE tamén destaca pola súa pantalla, un panel AMOLED DotDisplay de 6,55 polgadas, con compatibilidade con TrueColor de 10 bits e Dolby Vision. A súa cámara principal é de 64 MP, e conta tamén cunha cámara gran angular de 8 MP e unha cámara telemacro de 5 MP, que se completan con diversas ferramentas de intelixencia artificial para conseguir os mellores resultados, ademais de filtros de vídeo cinematográficos e um movo modo “vlog”.

A potencia vén de terminada polo seu procesador, o Qualcomm Snapdragon 778G 5G, que lle ofrece a posibilidade de contar con acceso ás redes 5G, sempre que teñamos unha operadora compatíbel e esteamos en zona deste tipo de cobertura. A batería ten unha capacidade de 4250 mAh e unha carga rápida de 33W.

As persoas interesadas en facerse cun poden adquirilo en tres cores: azul, rosa e negro.

Sobre o autor

Reply