Os Google Pixel 6 e Pixel 6 Pro son oficiais

O día da súa presentación chegou con todo o que se podería saber deles xa filtrado, pero agora toda esa información é oficial. Falamos do Pixel 6 e do Pixel 6 Pro, os dous novos smartphones con selo Google que abandeiran a nova versión de Android 12 e que chegan presumindo de batería e un deseño renovado.

Especificacións técnicas

Os dous novos smartphones de Google presentan similitudes e diferenzas nas súas especificacións. Se ben é certo que comparten cousas como o procesador, o certo é que o modelo Pro ofrece máis pantalla, máis memoria RAM, mellores cámaras (zoom e frontal) e algún que outro detalle adicional que fan que sexa máis interesante para o público que quere exprimir os seus dispositivos ao máximo. A continuación resumimos as principais características nun cadro:

Google Pixel 6 Google Pixel 6 Pro
PantallaAMOLED de 6,4 polgadas
Ratio 20:9
FullHD+ a 2.400 x 1.080
Refresco de 90Hz
HDR10+
Gorilla Glass Victus
P-OLED de 6,71 polgadas
Ratio 20:9
QHD+ a 3.120 x 1.440
Refresco de 120Hz
HDR10+
Gorilla Glass Victus
ProcesadorGoogle Tensor a 2,8GHz
GPU Mali G78 MP10
Google Tensor a 2,8GHz
GPU Mali G78 MP10
Versións (RAM / memoria interna)8GB/128GB
8GB/256GB
12GB/128GB
12GB/256GB
12GB/512GB
Cámaras raseirasPrincipal: 50 megapíxeles f/1.85 OIS
Angular: 12 megapíxeles f/2.2
Flash LED dual
Principal: 50 megapíxeles f/1.85 OIS
Angular: 12 megapíxeles f/2.2
Zoom: 48 megapíxeles f/3.5 4X
Flash LED dual
Cámara frontal8 megapíxeles11.1 megapíxeles
Batería4.600 mAh
Carga rápida de 30W
Carga sen fíos
5.000 mAh
Carga rápida de 30W
Carga sen fíos
Sistema operativoAndroid 12Android 12
ConectividadeDual SIM (eSIM)
WiFi 6E
Bluetooth 5.2
GPS
NFC
USB tipo C
Dual SIM (eSIM)
WiFi 6E
Bluetooth 5.2
GPS
NFC
UWB
USB tipo C
Dimensións e peso158,6 x 74,8 x 8,9 milímetros163,9 x 75,8 x 8,9 milímetros
OutrosLector de pegadas en pantalla
Certificación IP68 contra pó e auga
Lector de pegadas en pantalla
Certificación IP68 contra pó e auga
PrezoDesde 649 eurosDesde 899 euros

Aposta pola fotografía

Tal e como acontecera en modelos anteriores da serie Pixel, Google quixo facer especial fincapé na fotografía destes novos modelos. Ambos os dous contan cun sensor principal de 50 MP e un gran angular de 12 MP, se ben é cero que o modelo Pro inclúe tamén un sensor de zoom de 48 MP para telefoto. Tamén hai diferenzas na cámara frontal, onde o Pro integra un sensor de 11,1 MP, fronte os 8 MP do Pixel 6 estándar.

Á parte hardware Google suma os seus coñecementos en tratamento fotográfico, incluíndo diversas melloras para a edición (automática e manual) das imaxes, como o borrado de elementos en pantalla ou a mellora da representación das diferentes tonalidades na pel.

Sistema operativo: Android 12, pure Google.

Os novos Pixel 6 e Pixel 6 Pro son os máximos representantes de Android 12, a última versión de Android, coa que por suposto saen de fábrica estes smartphones. Sobre ela, a interface Pixel UI, que inclúe diversas funcionalidades diferenciais dos Pixel, como a personalización automática dos temas ou o recoñecemento de cancións en segundo plano.

En canto ás actualizacións, chegan con tres anos de actualización do sistema operativo garantido (até outubro de 2024, Android 15), e cinco de actualizacións de seguridade (até outubro de 2026).

Dispoñibilidade e prezo

Os novos smartphones Pixel 6 e Pixel 6 Pro xa son oficiais, e se poñen á venda o próximo 28 de outubro en oito países (Estados Unidos, Reino Unido, Taiwán, Xapón, Alemaña, Francia, Canadá e Australia), aínda que de momento non no noso país, onde chegarán oficialmente a comezos de 2020 desde 649 € o Pixel 6 (modelo 8 + 128 GB) e desde 899 € o Pixel 6 Pro (modelo 12 + 128 GB).

Pixel Pass. Todo o de Google nunha única cota

Google tamén anunciou onte o Pixel Pass, un servizo de subscrición hardware e de servizos, que permitirá ás usuarias – só de Estados Unidos – pagar unha cota mensual e ter acceso a un dispositivo (Pixel 6 ou Pixel 6 Pro), mais tamén a Google One (con 200 GB), YouTube Premium, YouTube Music Premium e Google Play Pass.

A compañía tamén permitirá combinar este servizo coa súa operadora Google Fi, o que suporá aforrar 5 dólares adicionais nos servizos móbiles.

Sobre o autor

Reply