O realme C11 2021 ponse á venda no noso país por 99 €

O fabricante chinés realme, unha das marcas de smartphones que están a presentar un maior crecemento en vendas nos últimos meses, puxo á venda esta semana o realme C11 2021. Trátase do dispositivo máis recente presentado pola marca para a gama entrada, e destaca principalmente por ter un prezo moi axustado: 99 euros.

É evidente que un dispositivo desa gama conta con especificacións moi recurtadas, pero que poden ser abondas para un trebello que se empregue como segundo móbil ou para alguén que non queira gastar demasiado. No C11 2021 atoparemos unha pantalla de grandes dimensións (6,5 polgadas, formato 20:9 e resolución 700 x 1600 píxeles), e unha batería de 5.000 mAh, que ademais está potenciada cun modo “ultra aforro” que permite extender as horas de uso.

No seu interior alberga un procesador pouco coñecido por estes lares, o Unicoc SC9863, de oito núclos, xunto con 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que poderemos ampliar mediante tarxetas microSD de até 256 GB. Nesa liña, dispón de bandexa triple, o que permite empregar dúas tarxetas SIM e a tarxeta microSD ao mesmo tempo.

A súa cámara principal é de 8 MP, con f/2.0, mentres que a frontal é de 5 MP e dispón de modo “beleza”. En canto á conectividade temos WiFi (unicamente banda 2.4) Bluetooth 5.0 e VoLTE, o cal é un plus de calidade para as chamadas.

Dispoñibilidade e prezo

Como xa avanzamos, o realme C11 2021 ponse á venda por 99 €, e se pode mercar en negro ou azul a través das canles habituais de comercialización da marca, que inclúe Amazon, PcComponentes, MediaMarkt e Carrefour, entre outros.

Sobre o autor

Reply