Actualidade It Takes Two, entre os xogos do Game Pass de novembro

It Takes Two, entre os xogos do Game Pass de novembro

Seguindo a tradición mensual, Microsoft fixo público o seu aviso para indicar que xogos estarán dispoñibles no Game Pass ao longo da primeira quincena de novembro. Polo momento, un total de nove obras serán incorporadas ao servizo. Hai dúas obras que destacan de forma clara: It Takes Two e Forza Horizon 2.

Alén da incorporación destes dous xogos, estando dispoñible o primeiro o 4 de novembro, chegará antes Minecraft —por si alguén aínda non o tiña—, o 2 de novembro, tanto a edición Java como a Bedrock. Tamén será agregado este mesmo día Unpacking.

O último cooperativo de Josef Fares será engadido ao servizo a través de EA Play. Estará dispoñible para consolas, nube e PC, da mesma forma que Kill It with Fire, un xogo en primeira persoa no que teremos que atopar e queimar ás arañas que moran o noso fogar. Non teñas medo, acaba con elas.

O 9 de novembro, día grande para Microsoft: chegará Forza Horizon 5. O mesmo día teremos tamén Football Manager 2022, que chega de lanzamento para todas as plataformas. Iso si, só en PC poderemos xogar á versión clásica do xogo, bamentres que a adaptada para Xbox poderá ser xogada en consolas, nube e ordenador.

Por último, o 11 de novembro teremos One step from Eden e a edición de consolas de Grand Theft Auto: San AndreasThe Definitive Edition, a remasterización do lendario título de Rockstar. Nin tan mal novembro.

Cartel co anuncio oficial do Game Pass de novembro.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.