Panna Cotta saudábel

Se quixermos percorrer a rexión italiana do Piemonte este Nadal, facermos unha panna cotta será unha idea deliciosa. Trátase dunha das sobremesas máis doadas de preparar feita con nata e azucre. Mais de preferirmos unha versión máis saudábel, podémola facer con iogur grego e dátiles. Non hai escusa para non probala! 🎄


Ingredientes:⁠

🔸 300 ml de leite ou bebida vexetal
🔸 400 g de iogur grego
🔸 1 cullerada de esencia de vainilla
🔸 5 follas de xelatina neutra
🔸 1 g de stevia en po
🔸 Chocolate negro e arandos para decorar

Preparación:⁠

  1. Mentres pomos en remollo as follas de xelatina, quentamos o leite cunha cullerada de esencia de vainilla e a stevia ou o edulcorante que máis che apeteza. Cando empece a ferver, quitámolo do lume e engadimos as follas de xelatina.
  2. Remexemos ben para que se disolva a xelatina e cando a temperatura baixe un pouco, engadimos o iogur grego para darlle cremosidade.
  3. Colocamos a nosa mestura en moldes e metémolos na neveira até que calle.
  4. Decorámolo con chocolate e arandos. Bo Nadal! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario