Galletas de reno

Galletas de reno para gorzamos este Nadal super fáciles e saudábeis!! Tamén vos deixo a alternativa #vegana nos ingredientes.

Ingredientes para 8 -10 galletas.

🍪 2 culleradas de endulzante: panela, azucre ou pasta de dátiles
🍪 40 g de manteiga ou 3 culleradas de aceite de coco
🍪 130 g de avea moída ou fariña de trigo
🍪 ½ culleriña de lévedo en po
🍪 4 culleradas de leite ou bebida vexetal
🍪 chocolate e lacasitos para decorar

Preparación:

  1. Mesturamos todos os ingredientes nun procesador para facer a masa.
  2. Estiramos a masa cun rolo e dámoslle forma cun molde redondo.
  3. Enfornamos a 180 ºC uns 10-15 min, dependendo do forno, ou até que fiquen douradas.
  4. Para decorar, derretemos o chocolate ao baño maría e debuxamos un reno coa axuda dunha xiringa de repostaría.

IMPORTANTE: gárdaas nun recipiente hermético para que se conserven ben.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario