Vodafone One Hogar Ilimitable cun 25% durante 12 meses e cunha pantalla intelixente de regalo

Vodafone vén de anunciar as súas iniciativas con motivo de período de Nadal, que estarán dispoñíbeis desde este día 1 até o próximo 31 de decembro. Nesta ocasión, a operadora ofrecerá á nova clientela un desconto do 25% en calquera paquete de Vodafone One Hogar Ilimitable durante 12 meses, e ademais de regualo unha pantalla intelixente.

Este desconto supón un aforro total de até 400 euros na factura e, ademais, tamén recibirán de regalo unha pantalla intelixente, podendo elixir entre un Google Nest Hub 2 Gen ou un Amazon Echo Show 5 2ª Gen con Alexa. Estes dispositivos convértense nun centro do fogar que axuda e entretén con series, víedos e música, e permite controlar os dispositivos intelixentes compatíbeis cun toque ou coa voz.

Deste xeito, as usuarias que contraten esta oferta desfrutarán de conectividade móbil cunha proposta multilínea con 2, 3 ou 4 liñas móbiles con datos ilimitados a máxima velocidade e con fibra de 600 Mbps ou 1 Gbps, ademais do servizo Super WiFi, que permite ampliar a cobertura e calidade da rede WiFi do fogar.

Estes paquetes inclúen ademais servizos como OneNumber, para poder empregar a liña móbil noutros dispositivos adicionais, como smartwatch, tablets, PC, Amazon Echo ou outro smartphone, así como Secure Net Familiy, un servizo centrado en ciberseguridade e control parental para todos os dispositivos do fogar.

Vodafone One Hogar Ilimitable tamén inclúe a oferta de cine e series de Vodafone, a máis completa do mercado e a única que leva 3 servizos de streaming (HBO Max, Disney+ e Amazon prime), con Prime Video e todas as vantaxes asociadas a ser Prime; ademais de 100 canles adicionais.

Deste xeito, a oferta de Vodafone One Hogar Ilimitable queda do seguinte xeito:

  • Vodafone One Hogar Ilimitable 2.0: ofrece 2 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade; fibra de 600Mbps ou 1Gbps (+10€/mes); Super WiFi; Vodafone TV con máis de 100 canles, HBO Max, Disney+ e Amazon Prime, con Prime Video e todas as vantaxes de ser Prime; Secure Net Family y OneNumber por 75€/mes durante 12 meses.
  • Vodafone One Hogar Ilimitable 3.0: ofrece 3 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade; fibra de 600Mbps ou 1Gbps (+10€/mes); Super WiFi; Vodafone TV con máis de 100 canles, HBO Max, Disney+ e Amazon Prime, con Prime Video e todas as vantaxes de ser Prime; Secure Net Family e OneNumber por 86,25€/mes durante 12 meses.
  • Vodafone One Hogar Ilimitable 4.0: ofrece 4 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados a máxima velocidade; fibra de 600Mbps ou 1Gbps (+10€/mes); Super WiFi; Vodafone TV con máis de 100 canles, HBO Max, Disney+ e Amazon Prime, con Prime Video e todas las vantaxes de ser Prime; Secure Net Family e OneNumber por 93,75€/mes durante 12 meses.

Esta promoción está dirixida á nova clientela de Vodafone que se dé de alta en ditos paquetes durante este período e a actuais clientes móbiles e de só fibra que queiran facerse cun dos paquetes Vodafone One Hogar Ilimitable. Para o resto de clientes converxentes existe unha oferta personalizada e descontos na compra de pantallas intelixentes a través da área persoal da aplicación Mi Vodafone.

Sobre o autor

Reply