Flan de Turrón

Unha receita fácil, rápida e deliciosa para sorprenderes aos teus convidados este Nadal! ✨

⁠Ingredientes:

🔸 1 barra de turrón brando tipo Xixona
🔸 500 ml de leite ou bebida vexetal
🔸 5 ovos
🔸 Caramelo líquido (opcional)

Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é esmiuzarmos o turrón. A seguir, nun cunco botamos os ovos, o leite e o turrón, e batemos.
  2. A continuación, engadimos caramelo líquido nos flaneiros e vertemos a mestura neles. Cómpre tapalos con papel de aluminio.
  3. Por último, colocamos os flaneiros nunha bandexa e cubrímolos de auga até a metade. Enfornamos a 180ºC durante 30 minutos se utilizamos flaneiros individuais ou 60 minutos se facemos un flan nun molde grande. Pasado ese tempo deixamos que arrefríen 3-4 horas e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario