As clases da Académia Supernatural comezan en xaneiro

833

A Peacock, o servizo de streaming da canle NBC, ven de encargar unha série fantástica de debuxos animados dirixida aos adolescentes e baseada na saga de novelas de Jaymin Eve The Supernatural Academy, que Gillian Horvath adaptará para a 41 Entertainment.

Os libros narran as aventuras dunhas irmás xemelgas marcadas ao naceren. Unha delas criou-se no mundo sobrenatural, segura de si mesma e popular. A outra medrou no mundo dos humáns, coma unha marxinada.

Agora van-se reunir na Académia Sobrenatural, e ningunha delas está contenta. Ambas deberán aprender a superar as súas diferéncias e a confiaren a unha na outra para se salvaren a si mesmas e ao mundo.

Allen Bohbot é o produtor executivo da série, que comezará a se emitir a partir do 20 de xaneiro e que conta no seu elenco con Larissa Dias, Gigi Saul Guerrero, Vincent Tong, Cardi Wong e Shannon Chan-Kent coma protagonistas, e a Bethany Brown, Brian Drummond, Barbara Kottmeier, Alessandro Juliani, Ali J. Eisner, Diana Kaarina e Kathleen Barr coma convidadas. Steve Ball será o seu director.