A aplicación de Xbox comeza a indicar cando un xogo corre ben no noso ordenador

martes, 7 de decembro do 2021 Marcus Fernández

Cada vez que sae un xogo para ordenador os usuarios teñen que comprobar os apartados de requisitos mínimos e requisitos recomendados para saber se pode correr axeitadamente no seu equipo, en contraste do que acontece nas consolas de videoxogos, nas que está claro que os xogos de cada plataforma son totalmente compatibles, e para aproximar ambas experiencias a aplicación de Xbox para Windows está a incorporar sección na descrición de cada xogo na que se indica se o título en cuestión corre ben no equipo no que está instalada a aplicación.
Esta nova funcionalidade está a espallarse actualmente entre o amplo catálogo de xogos dispoñibles a través da aplicación de Xbox, na que continúan a amosarse os requisitos técnicos de cada xogo, nos que non será preciso analizar cada un dos seus elementos para saber se funcionará correctamente no noso ordenador xa que podemos fiarnos dunha sinxela etiqueta posible grazas a que Microsoft está a desenvolver numerosas probas de desempeño dos xogos para evitar a frustración dos usuarios que nalgunhas ocasións instalan xogos demasiado potentes para os seus equipos.

A aplicación de Xbox segue a indicar os requisitos de cada xogo, aínda que a nova etiqueta integrada permítenos evitar ter que realizar unha comprobación exhaustiva

PUBLICIDADE