Honor presenta un smartphone encartable
luns, 10 de xaneiro do 2022
O
sector dos smartphones encartables por fin ten algo de competencia, e para plantar
cara a Samsung chega o fabricante chinés Honor, que co seu Honor
Magic V será o primeiro competidor real para os Galaxy Z Fold nos mercados
occidentais, xa que ao segregarse de Huawei esta marca conseguiu librarse das
restricións relativas á integración dos servizos de Google.
AÃnda non sabemos cando chegará este novo smartphone encartable a España, pero
polo momento xa coñecemos o seu prezo en China (9.999 iuans/1.384 euros), que é
substancialmente inferior ao Galaxy Z Fold3, polo que podemos entender que este
dispositivo poderÃa contribuÃr á dinamización de prezos neste segmento de
dispositivos.
O Honor Magic V aberto presenta unha pantalla OLED de 7,9 polgadas, mentres que
pechado ten unha pantalla OLED de 6,45 polgadas cunha relación de aspecto de
21:9. Estas pantallas teñen unha cámara perforada cada unha (de 42 MpÃxeles),
mentres que a cara do dispositivo que non conta con pantalla integra un módulo
de cámara triplo, cunha cámara principal de 50 MpÃxeles (apoiada por unha cámara
de espectro mellorado para engadir información ás imaxes) e unha cámara de
ultra grande angular de 50 MpÃxeles, que contan cun sistema de enfoque mediante
láser. Funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 1 e está equipado con
12 GB de RAM e 256/512 GB de almacenamento interno.
O teléfono conta cunha baterÃa dobre de 4.750 mAh e carga rápida de 66 watts,
sendo capaz de completar a súa carga ao 50% en só 15 minutos. Tamén inclúe
lector de impresións dixitais lateral, NFC, dobre nano SIM, Bluetooth 5.2 e
Wi-Fi 6. En definitiva, un móbil moi completo que terá que demostrar as súas
virtudes unha vez que chegue ao mercado.
- O Honor Magic V chegará ao mercado en cor prata, laranxa e negra