Logitech presenta unha luz para gamers
mércores, 12 de xaneiro do 2022
De cara aos gamers que realizan retransmisións en
directo a través da Rede marcas como Elgato teñen dispoñibles sistemas de iluminación
axustable con prezos que bastante elevados (129,99/199,99 euros) de aà que non
deberÃa sorprendernos que Logitech quixese aproveitar a ocasión para lanzar
unha luz para streaming máis competitiva, a Litra
Glow, que terá un prezo de venda de 69 euros.
Este sistema de iluminación resulta axeitado para escritorios informáticos
(fixos e portátiles); incorpora a tecnoloxÃa TrueSoft de Logitech (que promete
tons de pel naturais) e un innovador difusor sen bordes, e envolve ao usuario
nunha luz sutil para que saia favorecido nas retransmisións en directo; e o seu
formato facilita a súa montaxe sobre o noso monitor (podendo desacomplarse de
xeito dado para empregalo en calquera trÃpode de cámara estándar).
Esta luz pode axustar o seu brillo e a súa temperatura de cor, de xeito que
podemos conseguir uns resultados coidados que podemos controlar dende unha
aplicación no noso equipo, o que resulta especialmente práctico durante os
directos, xa que facilita os cambios en tempo real.
Haberá que ver se cumpre o prometido, pero de primeiras a Litra Glow é unha
solución de iluminación compacta, versátil e cun prezo moi inferior ao do deu
competidor máis directo, polo que podemos augurarlle unha boa aceptación.
VÃdeo promocional da luz Litra Glow