Ensalada de inverno

Poucas ensaladas publicamos nesta página, porque tampouco nos imos enganar, dá perguiza comelas. Pero o certo é que esta pasou o corte porque está deliciosa: a mestura de texturas e sabores presta moitísimo e ainda por riba, é saudabel.

Se querelles máis ideas de ensalada, visitada esta con mozzarela e abelás, ou se o que buscades son receitas de aguacate non-tan-lixeiras, esta de aguacate gratinados con ovo.

Ingredientes (para dúas racións)

100 de espinacas “baby”

Medio aguacate grande ou un pequeno

Unha mazá pequena, pelada

80 de queixo feta/do Cebreiro

Dúas culleres de aceite de oliva

Unha ou dúas culleres de vinagre de viño branco

Unha culleriña ben chea de paté de olivas

Dous beliscos de sal

Unha presa de pipas peladas e torradas

  1. Nun bol grande botamos as espinacas, máis o queixo, a mazanza e o aguacate cortados en anacos.
  2. Nun vaso pequeno botamos o pate de oliva, o aceite e o vinagre (eu prefiro zume de limón, isto vai ao gusto de cada quen) e remexemos ben ata que se mesture.
  3. Botamos a mestura no bol xunto co sal.
  4. Engadimos as pipas antes de servir, e listo!

Que aproveite!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *