VIALIA
bannerPicnicSesions

A galería CUBO presenta a programación de 2022

O espazo expositivo CUBO presenta a programación para os vindeiros 12 anos, na que atopamos exposicións, faladoiros e publicacións sobre inquietudes artísticas e en colaboración con artistas alternativos de dentro e fóra de Vigo.

Baixo o lema “Seguimos achicando agua”o espazo expositivo CUBO presentou esta mañá a programación para o ano 2022. O programa contempla a celebración de debates, conferencias e mesas redondas, así como o comisariado de oito exposicións e a publicación de novos volumes da serie Tantas Imaxes.

Alfons Freire, xerente de CUBO, aproveitou a oportunidade de expresar a débil situación na que se atopa o sector cultural en xeral e os proxectos independentes, como a súa galería, en particular. “Somos pequenos faluchos que navegan nun mar que habitualmente non é moi acolledor. Manexar estes pequenos botes e mantelos á boia é un traballo arduo e, ás veces, moi desesperante”, expresou en relación aos últimos meses, que o levaron a considerar a non continuidade do Espacio CUBO.

Polo momento, a galería mantén as súas velas izadas e a travesía parece que durará (polo menos) doce meses máis. Estas son as actividades programadas para 2022, mes a mes:

Febreiro

  • Visión obxectiva, de Pepe Cáccamo: Exposición de poemas-obxecto.O traballo do poeta é buscar novos sentidos, asociando ou contrastando uns obxectos con outros. As pezas resultantes xogan coa aparición dese novo sentido moitas veces vinculado á ironía e ao xogo. Trátase dun proxecto no que o galerista e o artista levan traballando máis de dous anos.

Marzo

  • O fío e a agulla, de Colectiva arte textil: Exposición colectiva sobre arte textil. Este proxecto naceu despois da publicación dun número de Tantas Imaxes sobre o tema. Podemos dicir que desde os anos setenta do século pasado algúns procesos, como o bordado ou a costura, foron reinvindicados por algunhas artistas. Primeiro para poñer de manifesto o lugar que ocupaban estas actividades na idelogía patriarcal e desterritorializarlas, e logo para incorporalas á caixa de ferramentas dalgunhas maneiras artísticas. Na exposición teremos unha gran variedade de obras de moitas das artistas que colaboran no citado número de Tantas Imaxes que tamén aproveitaremos para publicar durante este mes.

Abril

  • Cravo ao peito, colectiva da galería Solaina de Lugo: A galería lucense ocupa o espazo vigués para amosar o que se está a facer noutros lugares do territorio. Sergio e Antía usarán as nosas paredes para mostrarnos a súa ilusión e a súa visión da arte e da vida. Ao longo do mes tamén aproveitaremos para falar sobre a situación dalgúns destes proxectos en Galicia.

Maio

  • Modulacións, de Pilar Alonso: Exposición de obras de grandes dimensións que, pola súa característica especial: compoñerse de cachitos, se modularán pola sala. A idea é que Pilar xogue cada semana a cambiar de sitio estes anacos. Será un traballo en marcha, polo que haberá que ir todas as semanas para sorprendernos cos cambios.

Xuño

  • O papel como territorio, con Alejandro Novoa e Xabier Fernández (Copias de autor): Os responsables da imprenta Copias de autor rememorarán algunhas experiencias nas que se puidesen destacar as dificultades ou as particularidades da produción. A idea é convidar periodicamente a colectivos ou empresas que traballan no campo da produción artística a falar do seu traballo.

Setembro

REVISTA ABRIL
  • Imaxes Subalternas, de Colectivo Trashumar: presentaranos o seu primeiro traballo conxunto. Falarase da xeraquí tradicional das imaxes, en función do tipo de produción e a súa finalidade e como mudar estar organizacións xeradas desde posicións de poder e comezar a incluir imaxes subalternas.

Outubro

  • Orde e azar, de Elena Matamoro e Thomas Apostolou: a compositora, Elena Matamoro, e o artista plástico, Thomas Apostolou crearán unha obra conxunta. Ainda está en fase inicial, mais sabemos que xirará arredor dos conceptos de orde e azar. O azar na orde e a orde no azar.

Novembro

  • Cachiños: a arte do collage, de Rosa Neutro e Susana Blasco: Unha correspondencia en forma de collage entre as dúas artistas e un traballo sobre o fragmento que virá acompañado dun número de Tantas Imaxes.

Decembro

  • Exposición colectiva Outras Luzes: aproveitando a tempada turística a galería organizará unha exposición sobre as “moitas maneiras de iluminar as rúas ou as cousas”. Está aberta a propostas que vaian chegando nos próximos meses.
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.