Waffles de améndoa

Waffles de améndoas

Algunhas findes gústame preparar algo un pouco diferente para o almorzo, pero que tampouco me leve mil anos. Fai uns findes, mergulleime no pinterest, onde teño un listado de receitas por probar e escollín esta de waffles con fariña de améndoa. Non levan manteiga nin azucre, así que, pareceume boa idea (que azucre xa tomo abondo cando me perdo comendo chocolate, nocilla, donuts…).

Gustoume moito para o almorzo e pódese preparar a noite antes tamén. Aquí deixo a receita por se a alguén lle interesa. Apertas!

Ingredientes

  • 1 taza de fariña de améndoa.
  • 1 e 1/2 culler de postre de levadura Royal.
  • Unha pizca de sal.
  • 1/4 de culler de postre de goma xantana (opcional)
  • 1 taza de leite vexetal ou do coco.
  • 2 culleres sopeiras de aceite de oliva.
  • 3 ovos.

Elaboración

  1. Mesturar a fariña, a levadura, o sal e a goma xantana se a usas porque é opcional.
  2. Logo engadir o aceite e os ovos ata mesturar todo ben.
  3. A continuación, agregar o leite pouco a pouco. É probable que non precises usar todo o leite. Agrega ata que vexas que a mestura adquire consistencia de masa un pouco líquida.
  4. Prequencer a gofreira, poñerlle aceite ou spray antiadherente e agregar un cazo da mestura e deixar 3 minutos máis ou menos (dependerá da gofreira).
Recomendacións
  • Mellor usar unha lata de leite de coco e agregar a parte do leite que está solidificada e ten máis graxa.
  • Se a masa queda moi líquida, agrégase máis fariña de améndoa e listo.
  • Queda moi ben con froitas frescas por riba.
Receita orixinal: Low Carb Yum

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*