Torradas saudábeis recheas de crema de cacahuete

Garda estas torradas saudábeis porque son a receita definitiva! Feitas con pan integral, recheas de crema de cacahuete, co mínimo de azucre e sen fritir. Quedan espectaculares!


Ingredientes para 12 torradas:

🔸 6 rebandas de pan de molde integral
🔸 300 ml de leite o bebida vexetal
🔸 2 ovos
🔸 2 ramas de canela
🔸 1 casca de laranxa
🔸 50 g de azucre
🔸 100 g de crema de cacahuete
🔸 OPCIONAL: azucre e canela para esparexer por riba

Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é infusionarmos o leite. Nun cunco apto para microondas engadimos o leite, a casca de laranxa, as ramas de canela e quentamos no microondas a 750 W durante 2 minutos e medio. Sacámolo e deixámolo infusionar.
  2. A seguir, xuntamos as rebandas de pan de dúas en dúas e cortámolas en 4 cadrados do mesmo tamaño. Separamos cada parella, esmagamos o centro cos dedos, introducimos una culleriña de crema de cacahuete no centro e cerramos como se fose un sándwich.
  3. Despois, colocámolos nun recipiente separados entre si, vertemos o leite sobre os sándwiches e deixamos que abosorba todo o leite.
  4. Por último, ponemos unha tixola a lume medio pincelada con AOVE. Rebozamos completamente cada minisándwich en ovo e douramos as torradas na tixola. Esparexemos un pouco de azucre e canela por riba e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario